Unha mistura de sete exóticas cores na procura de si mesmas. Sete corazóns pedaleando sobre quince rodas en dirección a ningunha parte. Unha peculiar e disparatada familia cuns membros tan diferentes coma semellantes, que a pesares de non ter unha lingua común, comunícanse e compleméntanse á perfección formando unha engranaxe irrompible. Sobre as súas bicicletas e coa súa equipaxe chea de ganas de xogar e descubrir novos lugares e sensacións, farannos acompañalos nunha viaxe ao noso interior, ao interior das nosas inquedanzas, dos nosos soños, da nosa infancia e das nosas búsquedas.
- Título: SOBRE RODAS
- Autor: Creación Colectiva
- Dirección: Fredi Muiño
- Elenco: Sue Moreno Yolanda Paz Carlos Sante Teresa Babío Vanessa Rivas Gonçalo Guerreiro Ánxela Blanco
- Duración:
- 70 minutos
- Descanso:
- Non
Colabora
TEATRO PRINCIPAL – DIPUTACIÓN DE OURENSE, CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION E ORDENACION UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA Y AGADIC, CONCELLO DE OURENSE