ESTREA NACIONAL. Premio Martin Codax Da Música 2018 ao Mellor Grupo Infantil. A Gramola Gominola é un grupo de música de rock para o público familiar, que presentao novo libro/cd editado por Galaxia, na súa colección Sonárbore “BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ”. No novo disco o grupo sigue apostando polo rock e se posiciona como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. Grandes temas que a partir de agora poderedes escoitar nas voces doa vosos fillos, como xa fixeran con A Fabrica de Carmela, Pita Records, e moitos máis. O grupo está formado por Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería). Algíns deles levan casi dez anos de experiencia no ámbito da música infantil e proxectos como “MAMÁ CABRA”, con gran aceptación e éxito entre o público. Unha proposta de calidade que garante diversión para disfrutar en familia a través da música.