Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
NAS NUBES

Compartir:

Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado. En  Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital. O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?

Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?.
Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

O público, que actualmente vive inmerso en dispositivos dixitais e redes sociais, identifícase rapidamente con este espectáculo e escacha coa risa ao tempo que reflexiona sobre o impacto que a tecnoloxía ten na nosa identidade e nas nosas relacións humanas.
Esta obra tamén expón unha cuestión filosófica sobre a natureza do ser e a realidade. Son as bolboretas en realidade os humanos, ou só están a lembrar un soño? Esta confusión entre o real e o imaxinario conecta directamente coas inquedanzas contemporáneas sobre as identidades dixitais e as realidades simuladas.

Nas Nubes é un espectáculo que conecta humorísticamente coas tensións modernas entre a tecnoloxía e a humanidade, facendo que o público advirta as consecuencias dun mundo onde o virtual e o automatizado substitúen cada vez máis nosas experiencias e conexións físicas.


 
Data/s:
15 Nov 2025
Hora/s:
20:00
Duración:
60 ´
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Galego

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar