O meu nome é Aldonza Lorenzo. Na novela de Cervantes apenas saio en media ducia de páxinas, a pesar de ser unha das protagonistas. De feito, son practicamente inmortal. E ese é o problema. Son a noiva de don Quixote. Son Dulcinea do Toboso. A ver que fago agora coa miña vida. Porque a partir de agora, as miñas esperanzas de casarme como Deus manda están, case, tan mortas como o señor cabaleiro. A ver quen é o guapo que casa cun mito. Pero é que eu non son un mito, son de carne e óso. E estou sen estrear, coa bobada de ser a noiva de alguén que é moi famoso, pero que nunca veu verme ou a tocarme. Como noivo, don Quixote é un caso. Canto máis che quere, máis lonxe está de ti.