"Este disco representa a miña liberdade e a miña valentía"
Corroborou que como di nunha das súas cancións: “Estou no meu mellor momento, síntome libre somo o vento”. Ao que engadiu: “Deixaron de importarme tanto as cousas, xa non sufro tanto, estou no meu mellor momento porque a miña mochila non pesa tanto”.
Un traballo moi especial que o propio artista define como "unha pintada canalla ao amor, á liberdade e á paixón en forma de música e deseño". Durante o último ano, Gonzalo estivo inmerso na composición e produción deste álbum, composto por once cancións que reflicten o seu crecemento tanto persoal como artístico. Colaboracións con recoñecidos compositores e a produción de Pablo Cebrián dan forma a un disco que mantén a esencia flamenca de Hermida, fusionada cun son pop actual e fresco.