Texto fermoso e intelixente, con delicado humor onde todo comeza cunha simple cea entre amigos, como tantas, compartindo anécdotas, recordos comúns e viaxes. O tema é que nesta ocasión unha noticia (a ruptura dunha das parellas) empeza a quebrar a típica serenidade destas familias economicamente acomodadas, burguesmente constituídas, existencialmente satisfeitas. Como pezas de dominó á caída traerá parella unha desbandada que derreterá os cimentos diso que parecía tan ben construído. E aquel aparente equilibrio desaparecerá, para dar lugar a unha realidade máis cuestionada. Comedia romántica? Pode ser pero non esperemos finais rosas ou compracentes.