Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista nos Premios María Casares 2018. Premio de igualdade Luísa Villalta 2017. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa do Colectivo ALAS.