“Dialogo do can e o seu amo sobre a necesidade de morderlle aos amigos” Un sen teito, ex porteiro dun hotel de luxo, atópase cun can de rúa ao que lle gusta interromper o tránsito e provocar accidentes. Estes dous inadaptados, un xeneroso e outro cínico, van iniciar un diálogo sobre o estado do mundo para finalmente descubrir a tenrura na voz dunha nena. Como dous Clowns que denuncian a hipocresía dunha sociedade, que se indignan con irreverencia contra o mundo no que vivimos. Unha sátira contra a estupidez e o egoísmo. Un músico de rá acompaña coa súa música a felicidade cómica deste encontró. Unha sátira sobre a crise que morde con sal e humor nas conciencias dos amigos para espabilalos.
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA E AGADIC