Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO CORDELIA - SHOOT

Teatro
AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO CORDELIA - SHOOT

Compartir:

Estanvos bombardeando, os edificios caen. Un castelo, un parque no centro da cidade, un tren, o teatro...todo. E nós estamos aí. Mirando, mirándovos. Mirando as imaxes unha e outra vez. Esas pobres imaxes.
Hai poucas cámaras para gravar todo o que sufrides. Unha e outra vez as mesmas imaxes, pero nunca é suficiente.
Bombardéanvos. É un horror. Cando vemos -as noticias- arrepíannos. Pola mañá dúchome, exfolíome con esmero, fago zume e poño as noticias un momento, e aí está.
Bos e malos, occidente e oriente, democracia e ditadura, guerra e paz.
Mark Ravenhill, do que botamos man xunto con Arístides Vargas, reflexiona sobre esta cuestión e proponnos un xogo de espellos nos que recoñecernos desde o xenuíno, pero tamén desde a hipocrisía.
Data/s:
06 Mai 2026
Hora/s:
20:00
Duración:
50´
Público:
Todos

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h
info@teatroprincipalourense.com
988 317 960

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
info@teatroprincipalourense.com

Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar