Mofa e Befa: a arte da guerra, de Producións Teatrais Excéntricas, é unha comedia en galego que parte do mítico tratado militar de Sun Zi para construír unha sátira feroz, lúcida e retranqueira sobre o mundo contemporáneo. “A arte da guerra fúndase no engano”, di o mestre Sun. A partir desa idea, Mofa e Befa mergúllanse nun tempo atravesado polo belicismo, a astucia, o poder e os conflitos humanos máis absurdos. Polo escenario desfila unha galería disparatada de reis, xenerais, concubinas, guerrilleiros, espías, magnates, adestradores de fútbol, actores de acción, xestores de empresas, avogadas matrimoniais e outras criaturas atrapadas en pequenas e grandes guerras cotiás. Nunha noite de tormenta, fuxindo da fame e da miseria, o dúo atópase cun mestre de bushido en paro, Mixamoto Mashashi, que os instruirá nos principios da guerra e da autodefensa. Ese encontro convértese no detonante dun xogo de espellos tortos, entre o soño e a realidade, onde a vella sabedoría militar chinesa serve para mirar con humor e mala baba a condición humana. Un espectáculo rápido como o vento, silencioso como unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil como unha montaña.
A COMPAÑÍA
Mofa&Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) aparecen no ano 1992 asaltando, literalmente, o palco da Sala NASA.
Mofa&Befa teñen moitas leguas ao lombo e lembran a súa pasaxe en festivais de teatro e eventos singulares que quixeron contar coa sua presenza como o FIOT de Carballo, MIT Ribadavia, FITO de Ourense, Mostra de Teatro Clásico de Lugo, Mostra de Teatro de Cee, Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, Umore Azoka de Leioa, Museo de Arte Contemporáneo de Pamplona, Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo, Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos de Alicante, Muestra Naernacional de Teatro Cómico de Maia, Festival de Viana do Castelo (Eixo Atlántico), Festival de Teatro de Nuevo León en Monterrey (Mcional de Teatro Espiga de Oro de Azuqueca de Henares, Mostra Intéxico)... e foron convidados ao Festival Shakespeare de Bos Aires.