Unha muller conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír da Cidade da Cultura, despois dun acto que o goberno organizou para recibir un cadro de Castelao titulado “A derradeira leición do mestre”. Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Non pode lembrar nada do ano anterior a que lle dera o ictus. Por iso necesita reconstruír todo o que esqueceu. Necesita recordar os detalles e completar os recordos. Cómprenlle para non quedar illada e para non esquecer quen é. Vai empezar por reconstruír o momento inmediatamente anterior ao ictus, cando se supón que estaba nese acto na CdC. Para iso elabora un test de memoria que evía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba ela alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.
Un feito que actúa como detonante O acto de recepción do cadro de Castealo na Cidade da Cultura En outubro do 2018 inaugurouse na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela unha exposición titulada Castelao Maxistral, anunciada como “unha homenaxe a Castelao e aos protagonistas do ensino público durante o primeiro terzo do século XX”, que se artellaba arredor de A derradeira leición do mestre.
O cadro foi cedido polo Centro Galicia de Bos Aires, que o custodia desde que se pintou en 1945.