Cinco intérpretes desvelan os estigmas da exclusión. Estigmas que moito veces diferencian e converten ás persoas en seres menosprezados ou vítimas de discriminación. Nun mundo esteticamente ideal, onde o benestar é obrigación e a positividade un mandato, aparece unha figura estraña, un forasteiro, unha greta. Dese crebe emerxen os corpos reais: imperfectos, híbridos, fermosos nos seus desaxustes. Corpos que non entran na norma, que non teñen patria, que non teñen xénero pechado, que cargan o peso dos prexuízos.
A COMPAÑÍA.
Juliana Reyes é unha prestixiosa dramaturga e directora de escena colombiana, radicada en Madrid. Creou máis de corenta obras escénicas, moitas delas recoñecidas internacionalmente. Entre as súas pezas máis premiadas destacan A Mirada do Avestruz, Frenesí e Ronsel, con galardóns como o Premio do Público a Mellor Espectáculo no Festival de Almada (Portugal) e o Premio a Mellor Espectáculo de Danza na Feira Internacional de Teatro e Danza de Huesca (España), obtido en dúas oportunidades. En Colombia, foi distinguida co Premio Nacional de Danza en 2023.